domingo, 19 de xaneiro de 2014

Ramón Sampedro, con máis futuro que nunca

A pesares de que o día comezou desapracible, con vento e chuvia, que por intres ameazaba outro diluvio coma o que nos ten acostumado este inverno. Porén, segundo se achegaba a hora do acto, o sol foi amosándose timidamente, ata que colleu un pouco de folgos.

Nada máis chegar atopeime co amigo Pepe Vila e os dous coincidimos no mesmo, tódolos anos amence
así o día, mais á hora da homenaxe o tempo sempre fai unha «paradiña», como se Ramón, dixese. na terra non fun quen de acadalo que pedía, mais agora dende aquí, si.

Só o ano que se inaugurou o monólito que nos dá a benvida á cala onde tivo o fatal accidente, choveu a mares. Comentoume naquel ano, Pepe e onte lembróunolo a varios asistentes, entre eles a Luís Oujo, o alcalde e a Manel Deán, o concelleiro de Turismo, Deportes e Festexos, que a Ramón esas cousas non lle gustaban e por iso «chorou» ese día.

Dende fai uns anos a Homenaxe é organizada por «DMD» Dereito a Morrer Dignamente, amigos e familiares de Ramón, que contan coa colaboración do Concello, a Asociación de Veciños Sartaxas e o Grupo Queixucas, que se divide en dúas partes e polo que se pode ollar en ámbolos actos as novas xeracións veñen pisando forte, polo que seguramente na volta duns anos colleran a testemuña.

A homenaxe en si, consistiu coma sempre en dar lectura aos poemas que nos legou Ramón, lidos por varios amigos, predominando nesta ocasión varios raparigos e unha rapariga. Ao remate e baixo os acordes do himno galego interpretado polo Grupo de Gaitas Quixucas, guindáronse ducias de caraveis á «maldita cala».

O Acto contado pola prensa:
La Voz de Galicia: A chama de Sampedro segue viva no Son
El Correo Gallego: Unha ofrenda floral e lectura de poemas lembran nas Furnas a Ramón Sampedro
La Voz de Galicia: Amigos e familiares manteñen a loita de Ramón Sampedro
La Voz de Galicia: Flores e versos para recordar a Ramón Sampedro












Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.