martes, 28 de xaneiro de 2014

Moncho Valcarce. Un símbolo para Galicia




Ademais de ser un símbolo, diría que foi todo un exemplo na súa loita aprol dos máis débiles... Un ben moi escaso no tempos que corren.

Gobernos, que poden e non queren, e aspirantes que na oposición teñen a solución, e á hora da verdade, pecan dos mesmos defectos.

La voz de Galicia: Un libro abunda na figura de Moncho Valcarce

A obra sobre o cura das Encrobas presentarase mañá en Culleredo

O 1 de febreiro cumpriranse 21 anos da morte de Moncho Valcarce, quen fose cura das Encrobas (Cerceda). Os veciños deste municipio xa lle renderon unha homenaxe en agosto polo 20 aniversario da súa morte, aínda que son agora os cullerdenses os que organizaron unha serie de actividades para recordar a súa figura co gallo da efeméride. Así, dentro das distintas iniciativas, mañá será a quenda para a presentación do libro Moncho Valcarce. Un símbolo para Galicia. Diarios inéditos e outros textos.

A obra, publicada pola Editorial Trifolium, darase a coñecer no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, ás 20.00 horas. O acto completarase así mesmo cunha mesa redonda, moderada por Carlos Pereira, historiador municipal cullerdense e con raíces en Bergantiños. Nela participarán Victorino Pérez, coordinador do libro; Xácome Santos, secretario da Irmandade Moncho Valcarce (encargada da organización das distintas actividades, man a man coa concellaría de Cultura); Domingo Martínez, tamén pertencente á entidade; Narciso Marzoa, actual concelleiro de Medio Ambiente, así como compañeiro de corporación de Valcarce (este foi edil en dous mandatos, ademais de sacerdote de Sésamo e Sueiro) e Ana Pallares Corral , concelleira en Culleredo entre os anos 1979 e 1983.

A exposición

A presentación da obra literaria incluirá ademais a proxección dun documental. Así mesmo, ata o 1 de febreiro, poderase visitar na Aula dá Natureza do Burgo unha exposición de Valcarce: de luns a venres, de 18.00 a 21.00 horas e, ademais, os sábados, de 11.00 a 13.30 horas. A mostra, integrada por 22 paneis onde non só se aborda a súa figura senón tamén a historia contemporánea de Galicia, en canto el liderou moitas das loitas que houbo (Baldaio, Encrobas...), xa percorreu máis de cen municipios. Os asistentes aos distintos actos organizados poderán levar a casa, por outra banda, un folleto que inclúe textos inéditos de Varcalce, unha publicación que tamén se distribuirá en formato electrónico.

Xácome Santos: «É irrepetible»

Compos Times: Moncho Valcarce, o cura do pobo


CRTVG: Rouban o busto do coñecido como "cura das Encrobas".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.