luns, 27 de xaneiro de 2014

Hai quen se empeña en poñer pexas no camiño

O día da homenaxe a Ramón Sampedro, como dixen aquí nada máis chegar atopeime con Pepe Vila e ademais de falar do que publiquei, deixei cousas no tinteiro co único fin de non eclipsalo acto, mesturando churras con meiriñas. Pepe estaba moi molesto porque o sábado cando se dirixía á Casa de Cultura de Xuño, para a xuntanza que ia celebrar alí, atopouse con este cartaz.
Isto comentoumo tamén en presenza de Luís e Manel. Luís dixo que non ollara nin escoitara nada. Porén Manel dixo que el si había ollado un panfleto en Portosín. Logo coa fin de adicarme ao meu, deixeinos falando entre eles.

Eu tampouco ollara ningún, mais logo de comentarllo ao fillo, o martes 14, despois de saír do traballo pasou pola rúa da Atalaia e no edificio que se atopa trala lúdoteca, ás 17:33 sacoulle unha foto ao cartaz da cabeceira.

O mércores 15 un anónimo publica neste blogue sonense a mesma foto, collendo ademais outros elementos propagandísticos do BNG.

O venres 17 vía Twitter de @Certo, infórmome desta nota aclaratoria, que tamén foi publicada no mesmo blogue: É totalmente falso que o BNG tentase realizar un acto paralelo e o cartel anunciador desa suposta homenaxe é unha burda manipulación feita para tentar desprestixiar ao BNG.

O domingo 19 con motivo de compartir con Pepe todo o material que teño das homenaxes ás que acudín, e que lle prometera o ano pasado, leveille a 1ª foto e foi cando se decatou que o cartel non era igual ao que nos había comentado.

Como o día da homenaxe nin Ánxela, nin o os edís do seu grupo acudiron ao acto, non tivo a oportunidade de preguntarlles pola súa versión. A parte diso, motivado por esa «publicidade» estrañoulle moito a súa ausencia.

Nesta ocasión non é a miña intención acusalos de nada, tampouco teño probas, mais no caso de que presuntamente fose certo, tanto a Pepe como a min pareceríanos unha broma de mal gusto, e se o fixeron aducindo que no seu día foron «fomos» os promotores da homenaxe, como fan noutros sitios diversos colectivos, salvo eles en Nebra, o normal é arrimalo ombreiro e non ir por libres.

Logo da polémica xerada no foro, ninguén se dirixiu a Pepe, para desmontar o que segundo eles, é unha conspiración para danala súa imaxe. E el, aínda que tentou falar con alguén, non foi recibido a pesar de que, pareceulle que estaba na casa.

Fai tempo que temos moitos puntos de vista diverxentes e este é un claro exemplo. Eu antes de convencer á xente de fora que pasan destas polémicas, falaría directamente con quen leva isto agora, tal e como tentou Pepe.

Malia todo teño que dicir que segundo a nota, se esa é a súa desculpa, van ter que argallar outra, porque a idea de homenaxear e erixirlle un monólito aos Mártires de Cans, como sabe todo mundo, menos eles que se emperrenchan en manipulala verdade, o promotor fun eu, co apoio da familia e a neta dunha descendente.

Logo aproveitando a miña saída do partido, foi cando deron en facelo seu contra-acto, coa desculpa de que non se lles fora das mans coma neste caso. Aínda que coa boca pequena dixeron que non querían verse mesturados co PP, sabendo que iso é falso, xa que no último que fixemos xuntos, Tomé acudiu en calidade de alcalde, ao igual que posteriormente Pastor, neste caso do PSOE e Oujo do PP.

O ano pasado, María do PP, acudiu en representación do alcalde. Ademais o noso acto é aberto coma os de Ramón, polo que xamais excluímos a ninguén. Tal vez porque neste intre ao fronte do Concello está un alcalde do PP, non apareceu ningún dos seus edís polas Furnas? Que outra cousa podemos pensar?

Persoalmente o único aproveitable da súa nota é este punto, de aí esta entrada.

2º NON organizamos ningún acto polo respecto aos organizadores que, ano tras ano, levan organizando esta homenaxe, a asociación “Dereito a Morrer Dignamente Galicia” en colaboración co colectivo de “Amigos de Sampedro” e outras entidades, para reivindicar a figura do noso veciño e a súa loita.

Ou sexa que en Xuño non organiza ningún acto polo respecto aos organizadores, que ano tras ano? levan organizando esa homenaxe...

Para quen non estea ao tanto disto, pódenlle colar esa falsidade, mais eles saben que MINTEN descaradamente. O xermolo desta homenaxe como ben dixen arriba, partiu do BNG, e non seria ata o 3º, cando despois de constituírse DMD Galicia, tomou as súas rendas.

Todo o contrario do que acontece aquí cos mártires de Cans, que pola cacicada do seu militante e presidente da Comunidade, consentida pola Asemblea Local, deron en organizalo seu contracto, para lucimento persoal e o da súa simboloxía.

Porén o máis chocante é que, os que reivindican a súa autoría, nin sequera acudiron á primeira homenaxe e o presidente esta cachado por unhas declaracións súas en La Voz de Galicia. Verdade señor Suárez, señora Franco, señor Vila, señor León, amén doutros?

Con esta nota agardo que a xente, sobre todo a de Nebra sexa consciente de porque aquí si se atreven a roubarme a idea, faltarlle ao respecto aos nosos mártires, aos seus descendentes e aos que ininterrompidamente, sen bandeiras ou elementos partidistas lembrámolos ininterrompidamente, ano tras ano.

Que tremenda verdade a dos refráns: Pillase antes a un mentireiro que a un coxo!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.