martes, 7 de xaneiro de 2014

Castelao, 64 anos despois


Tralo pasamento de Castelao, fai hoxe 64 anos, desde a instauración desta seudo-democracia, o nacionalismo galego está máis disperso e desunido que nunca, e case que, atreveríame a dicir que máis desprestixiado. A isto non fai falla que contribuía xente que non se sinta como tal, ou galeguista.

Para descubrir isto non fai falta máis que visitar a prensa virtual ou multitude de foros onde se tiran os trastos á cabeza. Aínda que grazas ao anonimato que lles proporciona Internet, moitos de afora igual aproveitan para meter máis caña.

Por se isto fose pouco, para min as caricaturas de Castelao volven a coller vida, aínda que como fixen nesta, manipuleina un pouco.
Algúns queixábanse que Madrid "muxíanos" máis agora esquécense que Cataluña fainos o mesmo
Porén para manipulación a que presuntamente quere facer o Concello de O Carballiño, tentando retraernos na noite dos tempos e convencer á Real Academia Galega de que recupere a denominación do noso polbo como pulpo.

O día do seu soterramento

Esta é a miña visión máis pesimista, se vostedes creen que estou errado, e teñen outra mellor, poden colaborar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.