martes, 31 de decembro de 2013

Vaite 2013 por onde viñeches!!!


A menos de 4 horas para deixar atrás o 2013, persoalmente non foi un ano de gratas lembranzas.

Aínda que o comezamos con meu pai de volta do Hospital Provincial onde estivo ingresado 22 días na UCI, o certo é que xamais se recuperou ao 100%, de aí, que por unhas e por outras, salvo polo EPOC que arrastraba, estivo de novo ingresado varia veces, neste caso no Hospital da Barbanza, e cando menos o esperabamos o 17 de abril deixounos sen facer ruído.

Tampouco lle axudou que o 24 de xaneiro, eu sufrise un ICTUS, que me obrigou a pasar polo quirófano o 7 de febreiro, do que tras os procesos de radioterapia e quimioterapia, segundo tódalas probas e analíticas, todo marcha ben.

Despois de operarme e por estar coas defensa baixas pillei un virus nunha visita rutineira con meu pai a respiratorios, que derivou nunha pneumonía, polo que tiven que estar ingresado de novo no CHUS dúas semanas.

Por se non fose dabondo, meu sogro que tamén tiña un EPOC, deixounos no mes de maio.

E para rematala o 7 de outubro, un xuíz, desestímame unha demanda, contra unha Mutua e a Inspección Médica, logo dun accidente laboral que tivera en marzo de 2010, polo que perdín o traballo que tiña e outros que me saíron... Porén isto merece unha entrada aparte.

O que realmente me motiva esta entrada é desexarvos tanto aos familiares, amizades físicas e virtuais, os meus mellores desexos para o 2014 e agradecervos tódalas mostras de apoio que recibín ao longo do ano.

Tamén quero expresar o meu agradecemento aos miles visitantes dos blogues que administro, a pesar de que durante varios meses por motivos obvios non os actualicei. todo isto motívame se cabe máis a seguir con estas experiencias.

Este son os historiais de visitas.
Neste: 30.448.
E nestes outros...
Nebra «páxina non oficial»: 9.444
Na Defensa Común dos Montes de Galicia: 17.322
Aí vai Nebra!!! 31.140

1 comentario:

  1. Feliz Ano 2014 para ti tamén, Paco. Que veña todo mellor. Agardamos seguir léndonos uns aos outros e falando, sen censuras nin medos, do que pasa ao noso arredor. Ánimo!

    Os teus amigos de Certo

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.