mércores, 27 de novembro de 2013

Nin que fose unha terrorista: noxo de INXUSTIZA

Mentres políticos condenados por diversas índoles vacilan aos xuíces, ou déixanse. En casos coma este non teñen reparos en botar á rúa a unha nai cos seus tres fillos.

Cito políticos condenados, porén ha moitos máis imputados, banqueiros, sindicatos, etc, o que pasa é que nestes casos a Xustiza é tan lenta..., tan lenta, que na maioría dos casos dálles tempo a ELIMINALAS presuntas falcatruadas cometidas e igual que Al Capone, só son condenados por fraude fiscal.


La Voz de Galicia: Consumado o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés na Coruña

Uns 50 policías custodiaron á comisión xudicial no barrio do Castrillón

O desafiuzamento de Elisabeth Sanlés fíxose efectivo esta mañá. Pouco despois das dez da mañá, saía da súa vivenda na rúa Antonio Noite, sita no barrio coruñés do Castrillón, acompañada de varios policías e técnicos de Servizos Sociais. De nada serviu a resistencia que ela e outros activistas de Stop Desafiuzamentos fixeron para impedir o desaloxo. Un amplo despregamento policial, formado por máis 50 axentes, neutralizou todos os plans de atrasar unha vez máis a acción da xustiza.

Cortada o tráfico desde primeira hora da mañá, a rúa foi tomada pola Policía Nacional. Entre 10 e 15 furgonetas desprazáronse ao lugar para lograr que a comisión xudicial puidese practicar o lanzamento.

2 comentarios:

  1. HOLA PACO, ME PARECE MUY INTERASANTE TODO LO QUE ESTAS EXPONIENDO ME GUSTARIA CONOCER MAS SOBRE NEBRA ME PODRIAS INDICAR SI SE HA PUBLICADO ALGO SOBRE NEBRA

    ResponderEliminar
  2. Grazas polo teu comentario. Case todo o que se publica sobre Nebra, fago eu nos variados blogs que administro. Tes ligazóns directas a todo eles en: Cousas miñas.

    A parte diso, fai 2 anos ou 3, publicouse un libro: Arquitectura da agua de José Suárez Caamaño.

    Se queres algún tipo de información, podes dirixirte ao meu correo: pacodomartelo@gmail.com

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.