venres, 1 de novembro de 2013

E aínda teñen máis que dicir!!!

Cando uns privilexiados coma os políticos viven por encima das súas posibilidades e por riba sen estar obrigados a dar contas, pasa isto...

Obviamente entre os case 100 lectores que diariamente visitan este blogue, seguramente non o fagan, Joan Coscubiela, Patricia Hernández ou Susana Camareiro.

Porén de facelo diríalle a Joan que, estando embarcado no Mar do Norte, por mor da inexperiencia doutros compañeiros, durante tres xornadas consecutivas tiven que traballar 16 horas tendo que comer en menos de media hora. «Por ser traballos de Offshore a xornada normal xa era de 12 horas e as outras 12, aínda que non as traballabamos tampouco podíamos durmir coa familia».

A Patricia que, eu tamén tiven que ir correndo non para pillala guagua, se non o avión, mais nunca sen deixalo traballo a medias, se non xa sabia o que me quedaba.

E a Susana que, se leva días sen ver aos seus fillos, síntase unha privilexiada. Eu botaba máis de 3 meses, perdéndome a súa infancia, para que, se algún dia chego a cobrala pensión por Holanda, me peguen o "sablazo". Por certo, meu pai nunha campaña botou 22 meses, e cando veu, meu irmán escapáballe porque non o coñecía.

Publico: Os "deputados á carreira" explícanse tras a estampida no Congreso

Onte non había tempo nin para despedidas nin moito menos para atender á prensa. Os deputados do Congreso terminaron de votar a nova lei sobre pensións e, sen sequera esperar ao reconto dos votos, saían en estampida do hemiciclo para iniciar canto antes o seu descanso na ponte de Tódolos Santos.

Non quedaba practicamente ninguén nos escanos só uns minutos despois da votación e o momento das carreiras e os empuxóns polo corredor das súas señorías foi recollido polas cámaras de televisión, que mesmo gravaron primeiros planos dalgúns deputados tirando das súas maletas camiño ao tren ou o aeroporto.

Tal balbordo causou a esperpéntica imaxe na retina dos españois, que vían como os seus representantes políticos corrían como escolares ao tocalo timbre que dá comezo ao recreo, que as súas señorías víronse forzados a explicar a situación e, nalgúns casos, até a desculparse.

"Cando termino o meu traballo teño dereito a volver a casa como me apeteza, aínda que sexa correndo de Madrid a Barcelona, sen parar", afirmaba en Twitter un rotundo Joan Coscubiela de ICV, que ademais suxire aos cidadáns que se fixen noutros 'detalles'", asegurando que nesa xornada interveu no debate de tres leis, sen saír a comer. "Perdía o avión e teño dereito a durmir coa miña familia".

A socialista Patricia Hernández asegura que "o como se contou propicia esa mala imaxe máis que as carreiras. Miran as carreiras máis que os que non estaban ou os debates". Esta deputada ademais pregunta a un seguidor en Twitter, "ti nunca fostes correndo ao rematalo traballo para non perder a última guagua?".

A conservadora Susana Camareiro tamén preguntaba aos seus seguidores: "Que hai de malo en querer volver a casa despois do traballo? Levamos días sen ver aos nosos fillos e familia". A deputada do Partido Popular Pilar Marcos aseguraba que debido á folga nos trens moitos non chegaron a casa a tempo. Outra deputada do PP, Carmen R. Maniega, aseguraba que a difusión das imaxes é unha manobra só para "distraer".

Relacionada: Senorias á carreira

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.