xoves, 28 de novembro de 2013

91 cabodano Mártires de Sobredo

Convidado polo Instituto De Estudos Agrarios Mártires de Sobredo, en calidade de promotor e organizador das homenaxes que cada 12 de outubro, convoco ininterrompidamente dende o ano 2000 aprol do Mártires de Cans, acudín por segunda vez á homenaxe que nesa parroquia tribútanlle a Cándida Rodríguez, de Pazos de Reis, a Joaquín Estévez de Soutelo, e a Venancio González, de Budiño, abatidos tamén a tiros pola Garda Civil, tal e como acontecera na ponte de Cans. A desculpa foi o de menos, alí defendían a dignidade dos labradores aos que esixíanlles un lucro da terra que eles traballaban e aquí, porque os obrigaban a pagar un déficit, polo roubo que cometeran os caciques nas arcas municipais.

Xa me decatara naquela ocasión, mais nesta falando con varios dos organizadores, ao contrario do que acontece aquí na contrahomenaxe que fai o BNG, dende a miña baixa coma militante e que deron en organizar a partir do ano 2007, coa escusa de "autoproclamarse" coma os promotores, sobre todo algúns dos que nen sequera acudiron á primeira, segunda, terceira...

Pois ben, alí segundo a comitiva vai achegándose ao monólito, ocupan un lugar preferente as familias dos asasinados aquel fatídico 28 de novembro de 1922, as sociedades agrarias cos seus estandartes e as autoridades, entre elas varios edís de diferentes partidos, e un alcalde do PP. Mesturados no medio dos asistentes, nun segundo plano están os partidos políticos, neste caso nomeadamente o BNG, que fixo a súa propia ofrenda, por medio do seu portavoz, Xavier Vence.

Aquí con eles isto é impensable, porque o único que pretenden dende esa é lucila súa simboloxía e enaltecelo partido, usando como desculpa ás vítimas e porque son os mesmos que non aturaron a presenza de Manuel Tomé (PP) exalcalde do Concello no último acto que fixemos conxuntamente no ano 2008. Para min tiña, e ten todo o dereito a acudir, e por iso foi invitado, sobre todo se temos en conta que foi o primeiro alcalde que se implicou cos feitos colocando unha placa onde se narra o acontecido e rehabilitou a zona.

Iso por unha parte e pola outra, que autoridade moral os ampara vir a falar dos dereitos dos labregos, cando un dos seus militantes en concubinato coa Xunta do bipartito, roubáronlle parte dun agro a meu pai para cruzarllo con unha pista? Que sexa precisamente ese militante o que reivindique que o seu partido foi o impulsor das homenaxes ten delito, e aínda que os seus compañeiros non sexan quen de levarlle a contraria, por sorte están as hemerotecas para lembrarlle que é feo mentir, sobre todo se se dedica á docencia.

O feito de que pola miña parte quixese desligalo partido das homenaxes coido que o amosei claramente na primeira, para a cal non dubidei en comprar unha bandeira galega, sen simboloxía nacionalista, cando na casa tiña varias.
O mesmo fixen no ano 2001 con ocasión da inauguración do monólito. Outra proba palpable de que: pillase antes aun mentireiro que a un coxo!!!
Un dato que parecen descoñecer todos, é que en realidade esa non foi a primeira, se non que foi o embrión para colarlles o monólito e que a xente tivese coñecemento da nosa Memoria Histórica, e ter un sitio onde depositarlles unhas flores. Se en menos de dez anos, esta xente quere levala auga ao seu rego, que podemos agardar da versión oficial destes feitos acontecidos fai case un século?

En realidade a primeira fíxena no ano 1991, con motivo do 75 aniversario facendo publico un comunicado, no cal tamén daba conta da entrevista que lle fixera á señora María de Olveira de Cans. A única testemuña coa que puiden falar, que con tan só 16 anos presenciou a masacre. Eran dous folios mecanografados que alguén encargouse de "facermos desaparecer" do taboleiro da Igrexa, porque ao día seguinte cando tratei de recuperalos xa non estaban.














Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.