martes, 2 de xullo de 2013

Romaría de San Mauro


Unha peculiaridade que ten este Santo con algúns outros da zona «San Bieito de Seráns por exemplo», é que ao longo do ano honrase por partida dobre.

Fai varias décadas era unha romaría que atraia moita xente. De rapaz teño acudido varios anos xa que alí vivían meus tíos «José Ramón e Carmen», que adoitaban montar unha taberna para facer catro perras.

Piscinas: Conta a lenda que as piscinas naceron porque San Mauro chegou ao nacemento das piscinas nunha barca de pedra (identificada cunha pedra que hai no bordo das piscinas) perseguido polos mouros. O santo ía remontando o rio, asemade que o ía enchendo de cantos rodados para obstaculiza-lo paso dos seus inimigos.

Hai moitas piscinas, cada unha diferente. Nunha delas atópase O Demo, unha pedra a máis de 8 metros de altura que vai dar a unha conca profunda, onde hai unha parede de pedra.

Tamén se poden atopar antigos muíños de auga abandonados. Máis aló atópase o antigo convento da Miserela, do que só se conservan as súas ruínas.

A este convento, xa abandonado daquela, referíase Frei Martín Sarmiento na súa Viaje a Galicia en 1745 deste xeito: Vi las ruinas y se ve aún la iglesia y la corta habitación, pero todo yermo. Y apenas se puede tener uno en pie en aquel paraje, tanta es la cortedad del terreno que admira como allí podían vivir racionales... A la orilla del río [Barbanza] se ve una piedra que llaman 'el Barco' y dicen que en él vino San Juan y otras patrañas semejantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.