domingo, 14 de xullo de 2013

Romaría da Virxe dos Desamparados ~ As Pardiñas

Tan preto e parece que tan lonxe. Apunto de cumprilos 54 anos, hoxe foi a primeira vez que acudín a esta Romaría, porén pola noite á troula apuntábame sempre que estivese pola casa.

É outra Romaría de gran tradición no Concello e na bisbarra. Non fai tantos anos, era tanta a aglomeración de romeiros e coches que, sempre había unha parella da Garda Civil para controlalo tráfico.

Hoxe, aínda habendo moita xente, notase nos postos de venda ao público que xa non é como antano. Só había un con rosquillas e outro con suplementos e xoguetes, a parte do bar da comisión.

O grupo de gaitas e pandeiretas da parroquia Axóuxeres, animou a sesión vermú. A estas horas a Orquestra Kronos, estará a punto de comezalo seu pase, até altas horas da madrugada.





m

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.