martes, 23 de xullo de 2013

Festa da Dorna 2013 ~ Jran Prix de Carrilanas: Arría o Jallo

«A cabeza non para», mítica frase de Roberto Vilar no seu programa Land Rober, foi a sensación que tiven ao ollalas carriólanas que baixaban pola Costa da Mámoa. Houbo de todo, orixinalidade e tradición, que me levou aos meus tempos de rapaz, cando pola costa do Carballo de Resúa os maiores baixaban cos seus carros de freos.

A parte negativa do día foi o pequeno contratempo sufrido por dúas rapazas ás que atropelou unha carriólana por saltarse a zona de seguridade e pesares de que os pilotos fixeron todo o imposible para evitalo accidente. Ao final foron evacuadas por unha ambulancia. Isto motivou que, a partires dese intre tódalas carrilanas baixasen escoltadas por un coche e unha moto da Policía Local, o que lle sacou vistosidade ao resto da baixada.




A segunda parte negativa aconteceu cando un gandulo xa entrado en anos arrebólalle un bote cheo de cervexa ao piloto desta carrilana, o que puido carrexarlle lesións severas. Por sorte a Policía Local veu a agresión e púxolle a oportuna denuncia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.