sábado, 13 de xullo de 2013

Curro das Canizadas 2013

Mañá domingo, celebrarase no incomparable marco do monte de A Curota o Curro das Canizadas. Sen animo de buscar polémica, debo corrixir a Andrés Millán, edil de Turismo do Concello de A Pobra do Caramiñal que erra ao sinalar que na provincia de A Coruña celébranse só 2 curros. Este é o da Serra de A Capelada, en Cedeira, esquecéndose do que ten lugar na Graña, e do que de momento non teño datos de que este ano non vaia a celebrarse.

Outra cousa é que pola súa traxectoria sexan os máis famoso. Cales deixaron de celebrarse aquí, no Barbanza, son os de A Enxa en Baroña e coido que tamén o de Campedulla, en Lousame.

Outro erro na información, neste caso cometido pola televisión é ao sinalar que leva celebrándose 50 anos. Segundo as miñas contas a primeira edición debeu celebrarse a mediados ou finais dos 70. De feito nestas fotos, téñolle posto ano 1978, e case atreveríame a asegurar que foi a primeira edición.
Curro Canizadas 1978

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.