mércores, 29 de maio de 2013

Recunca a Romaría da Virxe do Leite




Recuperar vellas tradicións ou coma neste caso, esta romaría que supuxo un antes e un despois para Parroquia de Baroña, e un referente na Comarca, sempre é bo.

Hai que remontarse moitos anos atrás cando da man de Chicho Lorenzo, pai de Jorge, organizaba carreiras de motocross que, co paso do tempo chegaron a ser engadidas no campionato galego da especialidade.

Outro dato a ter en conta, é que a principios dos 90 actuou o «Grupo Folk a Roda». Concerto que xa daquela gravei en vídeo. Outros con polémica incluída foron Heredeiros da Crus, que foran ameazados con ser excomungados polo cura párroco, Don Sabino (q.e.p.d). Porén o peor non foi a súa actuación, se non a desfeita dos que se achegaron ao campanario para escoitalos e logo dedicáronse a esnaquizar medio cento de crucifixos ornamentais dos panteóns.

La Voz de Galicia: A romaría da Virxe do Leite de Baroña regresa despois de 16 anos por iniciativa veciñal




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.