martes, 9 de abril de 2013

Asociación Musical Francisco Olveira

Edición impresa de La Voz de Galicia

En Porto do Son acaba de nacer unha nova iniciativa cultural. Trátase dun colectivo que ten a súa raíz na banda de Caamaño, que o ano pasado cumpriu o seu centenario. A celebración destas efemérides foi a semente da Asociación Musical Francisco Olveira Santos, director da formación sonense. Manuel Santos preside o novo colectivo que, ademais de servir de pequena homenaxe a Francisco Olveira, á súa vez presidente de honra, busca fomentar e coordinar iniciativas musicais, así como impulsar o desenvolvemento da banda de Caamaño e organizar e participar en actividades culturais.

A asociación está a dar os seus primeiros pasos para promocionarse á vez que avanza no proceso de constitución. Paralelamente, as 28 persoas que integran o colectivo están a dar forma xa a algunhas iniciativas. Así prevén organizar un concerto cono motivo do Día das Letras Galegas, e a súa intención é dar cabida a todo tipo de persoas interesadas na cultura. Ademais pretenden integrar na entidade ao grupo de baile e música tradicional Os Queixuca.

Moitos Parabéns pola iniciativa





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.