venres, 7 de setembro de 2012

Final Feliz

Oxalá este tipo de anécdotas rematasen con un final tan feliz. Como adultos sabemos que estas cousas non están ben, pero non debemos esquecernos que todos pasamos por esa etapa tan convulsa da vida e daquela, seguramente non pensabamos coma hoxe.

O mellor de todo é que pais e filla reencontráronse e agora iso é o que importa. Se para ela foi unha noite longa, para os pais foino moito máis pola incerteza de non saber se se atopaba ben, e onde estaba.

Pola miña parte só agradecer as mostras de cariño transmitidas aos pais, aquí nos comentarios, e a todos os que colaboraron na divulgación da súa desaparición. Como teño comentado con moita xente, Internet ben usado é unha gran ferramenta e para min entre onte e hoxe quedou máis que confirmado. No intre en que abrín o blog para partillar esta boa nova, a entrada da súa desaparición recibiu nin máis nin menos que 1007 visitas.

Hoxe hai uns pais que durmiran máis felices. Parabéns a todos.
La Voz de Galicia: Aparece a 500 metros da súa casa de Outes a menor que desapareceu o mércores pola noite

A menor de Outes que desapareceu o mércores foi atopada a 500 metros da súa casa, escondida baixo unhas mantas no xardín dunha vivenda deshabitada. Foi un veciño que participaba na procura o que deu a voz de alarma aos servizos de urxencias, ao percibir un vulto estraño baixo unha mesa do exterior da casa. A moza está ilesa e só presenta síntomas de fame e sede.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.