mércores, 1 de agosto de 2012

Feira Celta de Porto do Son (2012)


Un ano máis Porto do Son vestiuse de gala para celebrala súa Feira Celta, aínda que ollando os estandartes e cintas que penduraban polas rúas, os visitantes máis despistados deberon pensar que isto era unha prolongación da Feira Medieval de Noia. Se ata o redactor de La Voz de Galicia deixouse levar:
«Para dar o toque musical á cita non faltaron os músicos que transportaron, coas súas antigas cancións, a todos os presentes ao mesmo medievo».
Na miña modesta opinión aínda que sendo pequenos detalles, deberían tratarse con sumo coidado. Podo entender que igual foi unha empresa a que organizou todo, pero se recibiu algún tipo de axuda o normal e que se lle esixa que aparenten a época que se representa. Véxanse diferenzas con respecto a outros anos.


Outra cousa que non se lle escapou a moita xente, foi, non tanto a indumentaria dos comerciantes caracterizados, se non o calzado que "lucían" algúns. Ir de Celta, neste caso, ou de Medieval, e lucilas últimas deportivas racha un pouco o encanto.

Moi ben polo Café Praza, que no apartado privado coido que foi o que máis se involucrou en lucila simboloxía celta, de aí que sexa a tapa do álbum de fotos.

Só estiven na feira o sábado, pero ollando o ambiente que houbo tanto polo mediodía, como pola noite, primeiro ollando o espectáculo do lume e logo, o concerto de Os Cempés, que durou hora e pico larga, non me estraña nada os artigos eloxiosos da prensa, porque a verdade é que non había onde acubillarse.
El Correo Gallego: Porto do Son pechou a súa Feira Celta con gran éxito de participación

La Voz de Galicia: A Feira Celta inunda de espectáculos e postos as rúas da vila sonense
Feira Celta de O Son (2012)


























Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.