luns, 2 de xullo de 2012

Outro susto que puido rematar nunha traxedia

É certo que duns anos para acá algunhas orquestras ademais da súa música, tentan dar un espectáculo visual non exento de perigo, como ben acontecendo ultimamente. Suponse que as medidas de seguridade cúmprense escrupulosamente, pero cando estas afectan a medios mecánicos, interveñen moitos factores, que pola miña profesión (soldador e mecánico axustador) se nos poden escapar, por moi profesionais que sexamos.

Non é a miña intención criticar estes "efectos visuais", nin nomear a ningunha orquestra, mais val a pena "colgar a uns profesionais a varios metros de altura", para que a xente que vamos a unha verbena poidamos botar uns bailes?

Será que xa son un "carroza", pero son dos que prefiro escoitar boa música... e a poder ser posible en directo. Tamén é verdade que, "para gustos pintan cores".
Gran susto o que levaron os compoñentes do Grupo Ciclón e o público en xeral cando, dous minutos antes de empezar a actuación e mentres subía unha das súas tarimas onde ían tres compoñentes, veuse abaixo repentinamente.

Sorte a do compoñente Mero, o cal estaba xusto debaixo preparando o seu material para a intro e puido escaparse por segundos do que podía ser unha traxedia.

Peor sorte correu a batería Tebi quen tivo que ser trasladado en ambulancia até o hospital clínico para valorar posibles danos físicos tras o golpe. Afortunadamente hoxe pola mañá xa foi dado de alta. Así a súa cantante Noelia, sufriu un ataque de ansiedade que se recuperou satisfactoriamente ao pouco tempo.

Peor parte obtivo o material que estaba xusto debaixo. Cables e pedais quedaron totalmente machucados, mentres que os computadores, teclados, etc... están a ser valorados nestes instantes para ver a súa funcionalidade a partir de agora.

A festa de hoxe en Logrosa-Negreira onde actuaba Ciclón, a tal hora (15 horas) aínda é unha incógnita. Seguiremos informando do que nos vaia chegando ao noso correo.

Desde www.orquestas.tk mandámoslle o noso ánimo en momentos tan complicados esperando que se recuperen canto antes para volver demostrar o grandes que son encima dun escenario.

orquestas5c.blogspot.com.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.