luns, 16 de xullo de 2012

Novo accidente no Empalme


Onte publicaba no Twitter a foto deste accidente acontecido no Empalme de Nebra. Ollando os coches con apenas desperfectos, pensei que non houbera feridos, pero hóuboos. Agardamos que se repoñan rápido.

Non tiña porque ser un punto negro, pero por desgracia nesta zona xa se acumulan demasiados accidentes. Os máis son por alcance, xusto aí. Despois están as saídas de vía, con moita fortuna tanto para usuarios, coma para os peóns. Nunha ocasión ata levaron a marquesiña por diante, xusto despois embarcala xente no bus. Lamentablemente tamén aconteceron moitos atropelos, por desgraza con vítimas mortais.

A simple vista e como se pode comprobar insitu ou no mapa, do Son a Noia temos esta recta, e vindo de Noia, aínda que no fondo haxa unha curva, dende moito atrás a vista alcanza ata onde se atopan os coches. Andando na estrada tamén hai despistes.
La Voz de Galicia: Dous feridos de carácter leve nunha colisión en Nebra

Unha colisión por alcance ocorrida en Nebra (Porto do Son) saldouse con dous feridos de carácter leve. O primeiro vehículo implicado, un Kia, atopábase parado na vía, para virar á esquerda, cando un segundo coche, un Seat Ibiza, o embestiu. Un dos condutores queixábase de dores no pescozo e outro no peito. No entanto, ambos acudiron polos seus propios medios ao centro de saúde. Ata o lugar dos feitos desprazouse a Policía Local e membros do Grumir. O accidente tivo lugar pouco despois das doce deste mediodía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.