martes, 24 de xullo de 2012

Aportando información e facendo tres críticas

A raíz da noticia publicada hoxe na prensa, que recollo integramente, non é a miña labor desmentir á oposición do Concello, ou loar ao goberno, só me vou limitar a explicar o que vin o único día que puiden achegarme á praia da Aguieira.

Tal é como se pode comprobar na marca de auga da foto, isto foi o martes 17. Ese día si había dous socorristas no posto instalado nesta zona, que por uns centímetros no encadrei na foto. Non sei se eles se decatarían de que pasei case ao seu carón, aínda que dubido que pasasen moitos por alí con dúas muletas.

Por descontado que descoñezo se o posto da outra punta e o de Cabeiro estaban cubertos. A partires de entón non podo aportar datos. O que non entendo é a que foi debido que se contratasen a mediados de xullo, estamos de acordo que ata esa data o tempo non estivo acorde para ir á praia, salvo un par de días, pero Xunta, Deputacións ou Concellos sabían isto de primeira man e por iso se atrasaron tanto coas axudas e coas contratacións? Sen embargo na maioría dos casos si se dan presa en retiralos, polo xeral o 31 de agosto coa marcha da maioría dos turistas e  cando o bo tempo, no mellor dos, casos vai como mínimo ata o 15 de setembro. Nese espazo de tempo os nativos quedamos totalmente desprotexidos. Dannos a entender os políticos que para eles hai cidadáns de primeira e de segunda?

Ese día, por exemplo xa funcionaban as duchas (cando na Arnela aínda non, con isto das nova tecnoloxías en tempo real estamos ao tanto do que acontece de punta a punta do Concello) e os servizos, a primeira é única vez que fixen uso deles, eran as 8 do serán, contiñan tódolos elementos para hixiene persoal, e estaban bastante decentes (salvo por culpa dos que teñen mala puntería).


Non quero desaproveitar esta entrada, para criticar a falta dun mantemento axeitado do paseo que temos nese entorno. O piso esta relativamente ben, pero a pasarela en moitos puntos dá máis pena que gloria. Nalgúns tramos é obvio e case chega con soprarlle para que se vaia ao garete. Noutros non tanto, mais pódese dar o caso de que a xente se confíe e teña un desagradable susto. Non é moita altura, pero nunha persoa maior non se coñecen as consecuencias ata que pasan estas cousas, que como digo, con un pouco de mantemento poden ser evitables.

Outra crítica que aproveito para facer é que facía anos que non ía praia das Vellas do Pozo, pero salvo que un poida camiñar sen limitacións físicas e poida acceder directamente polas rochas, o camiño que hai esta convertido nunha selva e por se fose pouco, os que teñen os seus chales en primeira liña de praia, non axudan moito botando a el a herba dos seus xardíns e os ramallos da poda dos arbores.


El Correo Gallego: O PSOE denuncia a falta de socorristas nas praias con bandeira azul de O Son

O edil de Turismo négao e asegura que están situados a pé dos areais

Porto do Son. O grupo do PSOE de Porto do Son emitiu un comunicado no que critica con dureza a xestión que está facendo o goberno municipal en relación aos recursos turísticos do Concello. O portavoz socialista, Pastor Rodríguez, asegura que puido comprobar persoalmente como as praias de Cabeiro e Aguieira, galardoadas este ano coa bandeira azul, estaban sen servizo de socorrismo.

1 comentario:

  1. andamos a brincar polos cóns e despois veñen as muletas, hehehe. moi bó artículo.

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.