venres, 8 de xuño de 2012

Lobos... agora ata os decapitan

A foto xa o di todo, hai moito político e home lobo disfrazado con pel de ovella
Fai uns días suxeríase a idea de que podía haber un mercado negro de lobos. Segundo publicou La Voz de Galicia no seu formato en papel: A Xunta investiga a decapitación dun lobo na serra do Barbanza...
A polémica que xerou a política de erradicación dunha manada de lobos híbridos na serra de Barbanza, posta en marcha pola Xunta, non fixo máis que acrecentarse esta semana. O motivo é a investigación interna que o Goberno galego, a través da Dirección Xeral de Conservación dá Natureza, abriu para esclarecer por que un dos animais tiroteados nas batidas e agardas realizadas nos montes das serra barbancesa foi decapitado.

O que transcendeu ata a data é que este exemplar morto sería ibérico, e non híbrido. É máis, o animal chegaría sen a cabeza ao centro onde se lles realiza as probas de ADN para determinar a súa pureza xenética. Dicha mutilación tería a súa razón de ser no suposto interese dun afeccionado á caza para conservar a cabeza como trofeo para logo disecala. O que aínda resulta unha incógnita é saber quen foi a persoa, ou persoas, que realizaron esta suposta acción para lucrarse.

A empresa externa contratada pola Xunta para realizar as probas de ADN aos animais abatidos nesta serra barbanzana nin confirmou nin desmentiu a La Voz estes feitos, que constitúen un delito ambiental. É máis, fontes da compañía contratada pola Consellería de Medio Ambiente sinalaron que esa pregunta «ten que contestala a Xunta».

Versión oficial
Mentres, un portavoz oficial do Goberno de Feijoo sinalou que se puxo en marcha un proceso interno para esclarecer o acontecido. Neste caso, tampouco se desmentiu en ningún momento que houbese unha decapitación: «Na Consellería de Medio Ambiente abrimos unha investigación para coñecer o acontecido e os motivos que puideron dar pé a eses feitos, que son moi graves e que por parte da administración autonómica non permitiremos que volvan repetirse. Desde a Xunta queremos tamén deixar ben claro que, no caso de que se se produciu algún caso de venda ilegal de partes dun animal, é algo completamente alleo á campaña que a Xunta está levado a cabo na serra de Barbanza para preservar a pureza xenética da especie autóctona de lobos, ante a presenza de exemplares híbridos contaminados».

A mesmas fontes desvelaron que os feitos xa están en coñecemento do director xeral de Conservación da Natureza, que manifestou a súa intención de aclaralo sucedido para evitar novos casos e depurar responsabilidades.
O colectivo de AXENA tenta unha vez máis, e xa van unhas cantas, sacarlle as cores aos políticos, porque non fai falla ser moi lumbreras para decatarmos que agochan moita máis información que da que publican a contagotas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.