sábado, 5 de maio de 2012

Non hai nada como o agarimo dunha nai

Mañá é o primeiro domingo de maio e aquí, é a data escollida para celebralo día da nai. Moitos rapaces na escola faríanlle os seus propios agasallos e outros iran ao practico... baleirando o peto. Os que xa non a temos entre nós tamén a lembramos, porque grazas a elas estamos aquí. En marzo tocoume escribir sobre a nai loitadora e traballadora, hoxe quéroa agasallar alí onde estea, xunto cos avós, con uns poemas e cancións.
Fúcheste do noso lado.
En silencio foi a túa partida.
O noso corazón desangrouse
por tan súbita despedida.

O teu espírito loitador
á vida aferrábase.
Máis Deus, desesperado,
ao seu lado chamoute.

En anxo convertícheste.
Velando por nós estás.
Agardando que se cumpra a cita
de reunirnos na eternidade.

Con todo, paréceme tan lonxe...
Quixera agora poderte abrazar.
Búscote, chámote. Non te atopo.
Dime... Como me vou consolar?

O teu amor incalculable
as miñas faltas por alto pasou.
Porque o querer dunha nai,
ese, non ten comparación.

Sei que no ceo habitas.
Á beira de Deus as de estar.
Agardarei paciente o
día en que nos volvamos a atopar.

Entón será para sempre.
Nada nin ninguén nos poderá separar.
Non temerei cando chegue o meu momento
pois a túa presenza confortarame.

Esforzareime por gañar o ceo
para non perderte nunca máis.
Mentres tanto, guía os meus pasos.
Ilumina a miña senda, ensíname o camiño.

Que a túa presenza me rodee sempre
ata que se cumpra o meu destino.
Recapitulando un pouco, posiblemente a foto de arriba sexa a última que xunto con meu irmán teñamos con ela. Daquela non habías as facilidades e o poder adquisitivo de hoxe en día -a pesares da crise que atravesamos- para facerse fotos. Esta, xunto con algunhas outras, tomarámola para mandarlla a meu pai que estaba embarcado para que ollase como medrabamos sen a súa presencia, xa que como mínimo botaba ano e medio sen vir a casa -nunha ocasión botou 22 meses-. No revés ten a data de cando lle foi remitida: 13 de setembro de 1973.

Aquí con meu pai ao pouco de casaren e de novo con nós, nunha das escasas fotos a cor. Fora tomada nos estudos de Esteirán en Noia.



Seus pais, Ramón García Armental e Dolores García Souto -eran primos- de A Graña-Cures. Meu avó era natural de alí e miña avoa, de Cubelo, tamén da mesma parroquia.


Camiño de Nebra á Graña
La muerte es una madre nuestra antigua,
nuestra primera madre, que nos quiere
a través de las otras, siglo a siglo,
y nunca, nunca nos olvida;
madre que va, inmortal, atesorando
—para cada uno de nosotros sólo—
el corazón de cada madre muerta;
que esta más cerca de nosotros,
cuantas más madres nuestras mueren;
para quien cada madre sólo es
un arca de cariño que robar
—para cada uno de nosotros sólo—;
madre que nos espera,
como madre final, con un abrazo inmensamente abierto,
que ha de cerrarse, un día, breve y duro,
en nuestra espalda, para siempre.

Juan Ramón Jiménez
Cuando duerme una madre junto al niño
duerme el niño dos veces;
cuando duermo soñando en tu cariño
mi eterno ensueño meces.

Tu eterna imagen llevo de conducho
para el viaje postrero;
desde que en ti nací, una voz escucho
que afirma lo que espero.

Quien así quiso y así fue querido
nació para la vida;
sólo pierde la vida su sentido
cuando el amor se olvida.

Yo sé que me recuerdas en la tierra
pues que yo te recuerdo,
y cuando vuelva a la que tu alma encierra
si te pierdo, me pierdo.

Hasta que me venciste, mi batalla
fue buscar la verdad;
tú eres la única prueba que no falla
de mi inmortalidad.


Miguel de Unamuno
Unha pequena recompilación de temas adicados ás nais e que tanto lle gustaban á miña, sobre todo as rancheiras e as de Manolo Escobar. Se lles gustan e poden desfrutar da compaña da súa, poden compartilas... porque nai non hai máis que unha








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.