domingo, 20 de maio de 2012

Manifestación do Día das Letras Galegas

Manifestación do 17 de maio polas rúas de Santiago de Compostela, en defensa do galego no Día das Letras Galegas.
Coñece algún país onde o seu idioma só se celebre un día...?
Coñece algún país onde o seu idioma sexa repudiado por algúns...?
Coñece algún país onde a xente non se poida casar no seu idioma...?
Coñece algún país onde a xente non se pode examinar no seu idioma...?
Coñece algún país democrático onde se prohiba expresarse libremente...?
Ese país chamase Galiza e guste ou non guste, temos un idioma tan respectuoso coma o de calquera outro país: O galego... con máis de 1000 anos de Historia!!!

Manifestación Letras Galegas

Ergámonos, ergámonos,
que temos que ir loitar
para que a nosa lingua
non se deixe de falar.

Movámonos, movámonos
pois o momento é.
Para que a nosa lingua
siga viva, sempre en pé!

Foi a lingua
que usou a nosa xente
ao longo da historia
antiga e máis recente.

Mais agora,
e nestes tempo novos
hai quen quere matala...
A lingua deste pobo!

Defendela
é para nós un reto.
Pretenden machacala
a golpe de decreto.

Malos tempos
son para a nosa lingua
pois queren liquidala
se a nosa loita mingua.

Son malos tempos
para o idioma
e non debemos
tomarnos isto a broma.

Hai que estar cego
para non velo.
Non hai desculpa!
Temos que defendelo!

Ergámonos, ergámonos...

Disimulan
Cambiando "si" por "yes".
Pretenden que agora
Falemos inglés.

E por riba
colócannos un gol
dicindo que en perigo
está o español.

Non te enganen
faltándoche ao respecto
se che din que o galego
é lingua de paletos.

Dálles brasa
dicíndolle a esa xente
que o idioma galego
é para intelixentes.

Son malos tempos...

Ergámonos, ergámonos...

Berra alto,
dilles con claridade
que o idioma galego
é a nosa identidade.

Non te cortes,
o idioma é noso
e de que siga vivo
estamos orgullosos.

E presumen
de que son xente "noble"
para dicir carballo
oiraslles dicir "roble".

Lume neles!
e veloz coma un raio
Ti podes contestarlles
mandándoos ao "Carballo".

Son malos tempos...
Imaxes da manifestación con saída da carballeira de Santa Susana ata a praza da Quíntana


Agustín Fernández Paz, un dos autores máis destacados e premiados da literatura galega actual, dando lectura ao manifesto escrito do seu puño e letra "Voares de Esperanza"


Intervención integra de Carlos Callón


Peche do acto coa interpretación do Himno galego


Fotos da manifestación

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.