venres, 11 de maio de 2012

Dito e feito!!!

Xa non lembro o tempo que levaba tirada esta varanda no medio dunhas matogueiras, de feito xa pensei que alguén lle buscara algunha "utilidade". O luns, nunha visita ao Concello por asuntos propios, aproveitei para darlle persoalmente as grazas a Luís, o alcalde, por atendela miña petición, aínda que fose un pouco tarde, de limpar e devolverlle a dignidade á fonte e lavadoiro de O´Caldeirón, en Resúa. Publicamente dérallas aquí.

Os dous coincidimos en que é parte do seu cargo público e traballo, mais como lle dixen, tamén na miña vida privada é mester cumprir co meu "vaime na nómina", pero que cando o responsable dunha empresa chama ao xefe para que me transmita as súas felicitacións pola labor desenrolada e polo traballo ben feito, ademais dos cartos, quedábame esa gratitude.

Gustoume que me dixera que cando observase algo que non estivese en condicións, que llo transmitise, porque moitas veces estes detalles poden escapárselles. Tomeille a palabra no intre. Aproveitando que o sábado cruzara este río, ollei que os pasais estaban tupidos por culpa da maleza que a correntada deses días carrexara, polo que lle dixen se podía mandar alguén a retirala.

Tentara aliviarlle a presión retirando algunhas ramas, pero por mor dunha pequena intervención quirurxíca non puiden facela forza precisa, aínda que algo conseguirao.

Nos coñecía, nin sabía onde quedaban, polo que inviteino a que os coñecera algún día, xa que ademais de ser singulares, eran parte do noso patrimonio etnográfico. Non quero errar, pero debe haber moi poucos no Barbanza que lle fagan sobran, tanto na súa calidade, como en pezas distribuídas.

No intre chamou por teléfono a un empregado que tampouco os coñecía, aínda que ao pasarme a chamada e dicirlle quen era "temos unha pequena amizade", decatouse onde quedaban. Nisto que estas falando e que che veñen as cousas á mente. Para tomala foto da esquerda, metinme polo medio dunhas matogueiras e alí estaba a varanda que servía de quitamedos a esta pontella rudimentaria e chapuceira, feita por Tragsa e por Medio Rural. Digo chapuceira porque coñecendo o caudal que leva este río, podía ir un pouco máis alta, con menos apoios e máis reforzada. En fin que agora é o que hai.

Quedaron en pasar ese día e así debeu ser, porque o mércores atopeime con ela xa colocada, rozada a zona, e os pasais, aínda que volvían a estar medio tupidos, coido que deberon de limpalos, polo que supoño que coas choivas torrenciais destes días volvéronse a tupir. Ese día non tomei fotos, non levaba a cámara, pero onte si, e este é o resultado. As cousas ben feitas, ben parecen.
Din que o que garda sempre ten "magoa que en Bankia non coñeceran esta política", tratando de buscar unha foto para amosarlles mellor o esplendor destes pasais, dei con estas outras que xa nin me lembraba habelas tomado. Son do domingo 21 de novembro de 2010, logo dunha noite de temporal que a levou por diante. O que descoñezo é quen a retirou e tirou á cuneta onde botou máis de ano e medio abandonada. Agora case non ten sentido como comecei a entrada, pero se sei todo isto é grazas a información que gardan as fotos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.