sábado, 7 de abril de 2012

Procesión do Ecce-Homo


Xoves Santo: Procesión do Ecce-Homo. Neste día, recordase a última Cea de Xesús, onde ficou con nós no pan e no viño e deixounos o seu corpo e o seu sangue.

Dende fora un non percibe na súa totalidade o esmerado traballo e organización que poñen cada un dos integrantes da Confraría da Paixón do Noso Señor para que os actos da Semana Santa sonense cada ano vaian a máis. Coidan con sumo agarimo o máis insignificante detalle por pequeno que sexa, para que todo saia á perfección.

De lembrar aqueles anos nos que a duras penas se xuntaba xente para levalos pasos, hoxe vemos con satisfacción que non só se supliron aquelas carencias, se non que cada ano incorporase xente nova e aí están, como non, os rapaces e rapazas da banda de tambores, os portadores dos farois, dos estandartes, etc, porque de aí xa saíron algúns xoves que hoxe son costaleiros. Outro detalle moi importante é que comeza a incorporarse incluso xente do resto de parroquias.

Moi concorrida a misa, non collía un alfinete, e multitudinaria a procesión, que nesta ocasión contou a maiores da banda de tambores e dos gaiteiros, coa Banda de Música Municipal de Brión, que intercalaban as súas interpretacións.

Entres as autoridades civís atopábase o alcalde da corporación municipal, Luís Oujo e varios edís.

A procesión saíu da Igrexa parroquial percorrendo a Estrada xeral, Rúa Castelao, Praza Nova, Praza de España, Fernando Fariña, Praza de Rosalía, Rúa da Roda e subida á Capela pola Rúa da Biblioteca. Novamente a Policía Local e Protección Civil encargáronse da seguridade e de dirixilo tráfico.

Xa pola noite, ás 23:00 h. celebrouse a Hora Santa, onde se vive a noite de oración na Horta dos Olivos.

Procesión do Ecce-Homo





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.