luns, 23 de abril de 2012

"Hai un libro aberto sempre para todos: a natureza" Rousseau

A celebración do día do libro remóntase a principios de século. Hoxe, 23 de abril celébrase en todo o mundo, o día do libro internacional.

A súa orixe remóntase a 1930. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare.  Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura.

A idea orixinal desta celebración partiu de Cataluña, do escritor valenciano Vicente Caravel Andrés, propóndoa á Cámara Oficial do Libro de Barcelona. En Cataluña e Aragón é tradicional que os namorados e persoas queridas intercámbiense unha rosa e un libro.

Wikipedia: Día do Libro

Grazas ás xestións do meu fillo, estes son os últimos libros que engadimos á nosa ampla biblioteca.
Como poden ollar nesta serie de fotos, a natureza tamén é un libro aberto para o desfrute de todos e todas.
23 de abril de 2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.