sábado, 31 de marzo de 2012

Venres de Paixón


Procesión en Porto do Son da Virxe das Dores, onde se celebra o misterio da participación da Virxe Nai Dolorosa na Paixón e Morte do seu Fillo.

Unha vez rematada a misa no templo parroquial de San Vicente de Noal, a imaxe da Virxe saíu en procesión portada polos costaleiros da Confraría da Paixón do Noso Señor cara a Estrada xeral, Avda. de Galicia, Rúa Trincherpe, Praza de España, Praza Nova, Rúa de Jesús, Avda. de Galicia, Estrada xeral e retornando de novo ao templo, xa coa noite pechada.

A procesión estivo acompañada pola banda de tambores dirixida por Baldomero, por membros infantís e maiores da citada Confraría e por numeroso público. Das labores de seguridade encargouse a Policía Local e Protección Civil.

Venres de Paixón



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.