domingo, 18 de marzo de 2012

Semana Santa de O Son 2012


O pasado venres foi presentado no Centro de Interpretación do Castro de Baroña, o programa da Semana Santa 2012 de Porto do Son e das parroquias do Concello. O acto contou coa presenza do Alcalde, Luís Oujo, da Conselleira de Cultura, Asunción Torres, Irmán Maior da Cofradía da Paixón do Noso Señor, Juan, o párroco de San Vicente de Noal, D. José, e un nutrido grupo de asistentes.

As procesións ademais de contar coa actuación da banda de tambores da Cofradía xunto con uns gaiteiros, tamén estarán acompañadas por dúas bandas de música. Nun futuro agardase contar coa banda de música municipal de recente constitución. Tamén colaborara nos actos para apoiar a D. José, o párroco de Nebra, D. Ramón.

Concello e Cofradía solicitan a colaboración veciñal, non aparcando nas rúas polas que pasaran os pasos e que previamente a Policía Local sinalizará.

Na parroquia de Santa María de Nebra, o Xoves Santo recuperarase a vella tradición do lavadoiro de pes, polo que D. Ramón agarda a colaboración de 12 rapaces e rapazas.



Con vistas a dar o mellor de si, costaleiros, cofrades, banda de tambores e gaiteiros apuran estes días os ensaios para que todo saia á perfección. Onte daban máis gañas de estar ao pe dunha lareira con uns bos toros de carballo ardendo, que aguantar estoicamente o frío que facía na Atalaia. Desculpen pola calidade das fotos e vídeo, ante a falta de iluminación.





video


Para moita xente da comarca o arranque da Semana Santa pódese dicir que comeza o próximo domingo, coa festividade de San Lázaro en Noia, que xunta a carón das súa capela centos de devotas e devotos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.