venres, 30 de decembro de 2011

Trinta anos

Con este receitario que cumpre 30 anos, o mesmo tempo que organicei por primeira vez as Festas da Balbanera, foi como aprendín a cociñar moitas das comidas que elaboro principalmente en Noiteboa e Fin de ano.

O truco esta en substituír o mexillón «moi ricos, aínda que moita xente lle dea pouca importancia», por outros ingredientes máis típicos nestas datas, como poden ser as vieiras, zamburiñas, ameixas, etc. Asegúrolles que se seguen ao pe da letra as súas recomendacións non se van sentir defraudadas/dos.

Un truco para a xente que rechaza a cebola que acompaña ás vieiras e zamburiñas na concha das primeiras «tamén coñecida como concha do Peregrino» é que en vez de picalas cun coitelo o faga nunha trituradora, pero que as deixe moi fina. Eu prefiro a primeira opción, pero na casa así non lles gusta, só comen a vieira ou a zamburiñas, desta forma comen todo.

Bo proveito!!!

Receitario de mexillóns

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.