martes, 22 de novembro de 2011

Respéctennos, por favor!!!


A última vez que os veciños e veciñas de Quintáns respiramos un pouco aliviados e «desfrutamos» con esta zona así de limpa e relucente foi o pasado 30 de decembro, aínda que todo hai que dicilo, houbo quen antes de comelas uvas deixounos varios agasallos.

De novo o Concello ou a empresa adxudicataria tiveron a ben cumprir co seu cometido, que non é outro que evitar que isto se converta nun perigoso foco de infección e que os forasteiros non se leven unha paupérrima imaxe de Porto do Son. Fai unhas noites mesmo había restos de tellas de fibrocemento altamente contaminantes que por sorte non duraron moito, xa que ó día seguinte alguén as retirou. Descoñezo quen foi, porque foi o único que se levaron e non valían para aproveitar. Fíxense o perigoso que é este material, que agora só poden proceder á súa retirada das obras empresas homologadas.

Veremos canto dura a ledicia na casa do pobre, porque o máis incrible de todo isto é que como veño mantendo, a maioría desta «merda» tráena cando lles ven en gaña empresas e veciños doutras parroquias, por iso pido que se nos respecte e que como mínimo, cando veñan a tirar algo o fagan só os días habilitados. Estou seguro que a ningún lles gustaría que os denunciemos, algo que non fai moito lle pediron dous responsables de medioambiente a un veciño «chega só con pasarlle a matricula do infractor», porque seguramente despois os malos seriamos nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.