martes, 8 de novembro de 2011

Parcelarias de nunca acabar

Segundo a súa valoración isto tiña que ser unha braña «prado con auga»
Fai anos que a concentración parcelaria era un ben necesario e ninguén o poñía en dubida. Hoxe polo que se ve e opina moita xente, nalgunhas zonas dubidase da súa utilidade... salvo que sexa para facer pistas sen ter que pagar expropiacións.

Explicareime. En Nebra, salvo honrosas excepcións, algunhas parcelas quedaron do mesmo tamaño que tiñan antes «2 ou 3 cuncas = 64 m2». Estou a falar de veciños que tiñan máis que ese terreo,aos que como mínimo deixáronlles outra parcela. Noutros casos, propiedades «agros pechados de por si» de máis de 100 ferrados «38.400 m2» foron divididos entre varios. Tamén se dou o caso do veciño que xa de por si tiña unha parcela de 6 ferrados «2.304 m2», que tamén foi divida en varios e a el, non lle deixaron ningunha con esa medida, a parte das que tiña por si.


Unha cousa que non entendemos os veciños, é como a algúns paisanos que nin veciños son, lles achegaron terras nosas, sen que eles aportasen un cm das súas. É mais, nun caso un pechou a súa propiedade mentres a parcelaria estaba en marcha, polo que obrigou a modificar un pista, que agora non da practicamente servizo. Eses terreos en todo casos terían que quedar como masas comúns e logo, cando transcorrido os prazos legais se vendesen, si que poderían ter preferencia para compralos.

Nota publicada nunha parroquia do Concello de Santiso 2/2/2008
Outra grave irregularidade é que cando se taxan os terreos valorase por categoría «1ª, 2ª, 3ªº, 4ª, etc», pero a hora de collelas, moitas delas perderon esa categoría polo que o valor real e ficticio. Poño uns exemplos: Non pode ter o mesmo valor unha braña que cando se taxou daba bo pasto, que cando a colle o novo propietario, so lle da fentos. Ou unha leira que agora esta chea de bidueiros e a Xunta non lle deixa cortalos.

O que algún día foi outra braña
O malo de todo isto é que pasaron pola Xunta de Galicia varios gobernos do PP e o bipartito do PSOE e do BNG, e ningún deles aportou solucións. Todo o contrario, como se botaban enriba as ultimas eleccións autonómicas, a Consellería do Medio Rural, sen rematar de poñelos «marcos», e abrila maioría de pistas secundarias, as que maioritariamente das acceso as parcelas, obrigounos a botar man delas. E algún directivo da comunidade que non ten terreos parcelados, quería pedilos títulos... pero ai reaccionou a xente e fíxoo desistir, por non dicir, que calar. A día de hoxe, a Xunta aínda non rematou de poñelos marcos para delimitar unha gran maioría de parcelas. Sabemos onde quedan polo planos, pero no terreo non sabemos onde remata a dun veciño e comeza a do outro.

A modo de resumo, o que non pode ser e que acometan un sen fin de parcelarias ao mesmo tempo e despois, queden todas a medias.

Parcelarias iniciadas en Galicia nos anos 60 seguen sen concluír

Un problema extensible a gran parte das comarcas da comunidade
Os atrasos nas concentracións parcelarias constitúen un problema visible en todas as comarcas galegas. Trátase dun fenómeno extensible tanto á costa como ao interior. Nalgunhas agrupacións de terras están inmersos máis de mil propietarios e hai casos nos que se superan os 2.000, tal e como ocorre en Ferrol e en Valdoviño, o que evidencia o elevado grao de fragmentación da terra. En Porto do Son «refírese a Nebra», por exemplo, hai un proceso aberto iniciado en 1991 e que ten pendentes a 1.160 donos de parcelas. Outro tanto sucede na parroquia de San Xoán de Calo, no municipio de Teo, con 1.103 propietarios á espera, ou no concello de Ames, onde hai unha concentración con 1.537 persoas implicadas. Lonxe de alí, no municipio lucense de Alfoz hai pendente unha agrupación de terras desde os anos noventa nas que están involucrados 1.580 veciños.

«Meu pai morreu antes de ve-lo feito»
En Arcos (Mazaricos) fai máis de 40 anos que esperan pola concentración.

Un longo e custoso procedemento agora en dúbida

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.