luns, 22 de agosto de 2011

Sardiñada de Portosín

Enrique León suando a "jota" gorda
A verde é que hai que ser un "heroe" para poñerse nun día con tanta calor a asar sardiñadas. Xa só con tirarlle un par de fotos a León, suei a "camiseta". Teño estado bastante máis tempo na sauna dos barcos onde naveguei e non suar tanto.

Nin a calor nin o cansazo da véspera puido achicar o ambiente desde onte pola mañá no porto de Portosín. Pouco antes do mediodía, o cheiro a sardiña xa conquistaba o padal dos presentes, que tras oír o pregón ofrecido polos integrantes da Banda do Capitán Canalla lanzáronse á sombra da carpa para degustar este manxar típico da localidade.

O apetito non faltaba entre os presentes, xa que a cola prolongábase durante metros e metros, chegando a organización a repartir ata 800 racións de sardiñas. Ou o que é o mesmo, uns seiscentos quilos deste manxar típico da localidade sonense. Co estómago cheo, a música da charanga Mecánica suou desenvoltura e fixo moverse a maiores e pequenos por igual. Mentres, na parte do porto máis próxima ao náutico, os inchables non defraudaron aos máis pequenos, que gozaron con eles ata a hora para comer.

Pola tarde, os críos volveron ser os protagonistas da celebración cunha festa deseñada para eles. Tamén estaba previsto que a charanga Mecánica repetise o seu repertorio.

Para o atardecer programouse o desafío a remo entre a confraría e o club náutico de Portosín e, para que a festa non decaese pola noite, o folk e as orquestras estaban chamados a ser os protagonistas.

Fonte orixinal: La Voz de Galicia

Sardiñada de Portosín 2011

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.