Esta fin de semana na Graña «a miña terra adoptiva» van poñer punto e final aos curros que se celebran no Barbanza, polo que se alguén se perdeu os anteriores é unha oportunidade que non deben desaproveitar e máis se nunca ollaron un ou tampouco se non coñecen os Chans.
Como poden ollar no programa o «avituallamento» esta máis que asegurado e tampouco van ter tempo para aburrirse. Por descontado que se contan co permiso da Organización e baixo a súa responsabilidade, se queren que-lle suba a bilirrubina non teñen máis que meterse no Curro «amarrarse ben os machos» e tentar atrapar unha besta.
Os accesos que propón a Organización están asfaltados e o que-lles propoño dende Nebra, a partir de Resúa é unha pista de zahorra pola que de momento se circula bastante ben. A pista alta que parte dende Raña-Baroña tamén esta ben, non así a que sube directamente aos Chans.
No mapa tamén lles amoso a ruta das mámoas «liña vermella» e a ubicación da Casota do Páramo «xa sen ola de ouro e medio esnaquizada por culpa dun exalcalde», que esta moi preto do Curro. Non teñen perda, porque ademais un postes de madeira van marcado o camiño, que ven moi ben para facela dixestión.
Unha última recomendación, aínda que o día estea soleado cumpre levar roupa de abrigo que arriba as temperaturas poden baixar varios grados con respecto ao nivel do mar e máis, se sopra unha brisa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.