domingo, 31 de xullo de 2011

In Memoriam Manuel Muñíz

O venres, día 29, Galicia perdía un dos máis grandes e laureados compositores da música galega: o MESTRE Manuel Muñiz, nado en Boiro. En 1951 fixérase cargo do traballo da dirección da orquestra Compostela e tamén dirixiu a Banda de Música de Santiago. Foi distinguido entre outras condecoracións e títulos, coa Medalla de Galicia, Medalla de Ouro da Real Banda e Fillo Predilecto de Boiro.

Como compositor foi autor dalgúns dos temas máis coñecidos de Ana Kiro, así como o descubridor e compositor de temas para Sabela e Pili Pampín. A primeira actuou dúas veces en Nebra e a segunda, unha. Algunha das súas composicións son: Canto a Compostela, Camiño de Santiago, A Santiago quero ir, Unha noite en Compostela... E o Himno de la S.D. Compostela, tan popular, tamén obra súa.

Coñecín a Manuel Muñíz pola súa faceta de axente artístico, en maio de 1979 da man doutro amigo que nos deixou antes de tempo, Juan Manuel Carleos Paz, (Juan Manuel da Rusa). Ese ano xunto con un grupo de amigo decidira organizar por primeira vez unhas festas de Nebra, que xa daquela corrían perigo de desaparecer: as de Santa Rita.

Non seria ata agosto de 1981, con motivo de comezala miña andaina ao fronte das festas da Balbanera e posteriormente todas, cando se fraguou a nosa amizade até que, por motivos que non veñen a conto aquí, decidín abandonar e facer un alto no camiño. O último contacto que mantiven con el fora en 1989, tamén para evitar neste caso a pouco máis dunha semana, que por primeira vez quedásemos sen unhas das festas máis máis emblemáticas: San Ramón, o Carme e posteriormente a Balbanera. Todo hai que dicilo, como nesta ocasión saín máis escaldado tirei de definitivamente a toalla, e a finais da pasada década ninguén quixo facerse cargo de ningunha. Os meus presaxios convertéronse en realidade, algo que volveu a repetirse nestes derradeiros anos.

Recoñezo e xamais o negarei, que unha grande parte do éxito que tiven organizando as nosas festas débollo precisamente a el e ás orquestras que me recomendaba, porque o dixen, digo e direino sempre, a maioría non eran de gran renome, pero a súa profesionalidade e o seu bo facer superou calquera expectativa. Foi tal a repercusión que tiveron en tódolos eidos que aínda hoxe tres décadas despois moita xente, non só os veciños, seguen falando delas.

Na Web Aí vai Nebra!!!, que "reciclei" despois de tela esquecida, ao cumprirse este ano o 30 aniversario de organizar por primeira vez as da Balbanera, segundo me permita o tempo, teño pensado publicar documentos da época e comentar máis polo miúdo unha sinfonía de anécdotas e curiosidades de tódalas festas que organicei, ademais por suposto de publicar as deste ano.

Dende esta humilde bitácora quero transmitirlle o meu pésame á familia, aínda que persoalmente xa o fixese coa súa viúva, Mari Carmen.

D.E.P AMIGO!!!

Vamos lembralo como lle gustaría a el, con música, neste caso unha canción que-lle tributaron Los 2 Españoles.
Así acolleu a triste nova a prensa:
La Voz de Galicia: José Manuel Muñiz Tubío, músico, compositor e director da Orquestra Compostela, faleceu onte en Santiago aos 81 anos de idade. Os seus restos serán trasladados esta tarde, ás 15.45 horas, desde o tanatorio de Montouto á igrexa de Santa María de Sar, onde se celebrará o funeral e, posteriormente, o enterro no cemiterio de Boisaca.
José Manuel Muñiz, quizais o máis xenuíno representante da música de banda da cidade, foi profesor da Banda Municipal de Santiago. Compuxo máis de 500 cancións que foron gravadas pola Orquestra Compostela, fundada por el, así como unha trintena de himnos.
El Correo Gallego: A capital galega acolleu onte con pesar a noticia do falecemento do veterano músico José Manuel Muñiz Tubío, director da Orquestra Compostela e profesor da Banda Municipal de Santiago. O mestre Muñiz, como se lle coñecía popularmente en Santiago, era un músico moi coñecido tanto en Galicia como en numerosos países de Hispanoamérica, xa que durante moitos anos a Orquestra Compostela viaxou a numerosos países do continente irmán para actuar para as colonias de emigrantes galegos. Hoxe, ás 15:45, os restos mortais de Manuel Muñiz serán trasladados desde o Tanatorio Montouto até a igrexa parroquial de Santa María A Maior e Real de Sar, onde se celebrará un funeral de corpo presente. Posteriormente, o veterano músico será enterrado en Boisaca.
E o último Adeus:
El Correo Gallego: Familiares e amigos déronse onte cita en Santa María A Maior e Real de Sar para dar o último adeus ao veterano músico José Manuel Muñiz Tubío. Posteriormente, foi enterrado en Boisaca. Director da Orquestra Compostela e profesor da Banda Municipal de Música de Santiago, era un artista moi coñecido tanto en Galicia como Hispanoamérica debido ás continuas viaxes da banda alén do Atlántico.
La Voz de Galicia: A Real Banda de Gaitas de Ourense rendeu onte homenaxe a José Manuel Muñiz, músico, compositor e fundador da orquestra Compostela, coa interpretación do himno do Antigo Reino de Galicia á saída do seu cortexo fúnebre na Colexiata de Sar. Muñiz faleceu antonte aos 81 anos de idade en Santiago, onde foi director da Banda Municipal.
Necrolóxica

José Manuel Muñiz Tubío

2 comentarios:

  1. Nós perdemos hai un mes a un compañeiro comprometido, solidario e xeneroso. A súa foi unha perda prematura e, non por máis agardada, menos dolorosa.
    Acompañámosvos no sentimento.
    ...Sit tibi terra levis.

    ResponderEliminar
  2. Victor Muñiz Araujo25 de agosto de 2012, 17:42

    Padrino,cuanto siento el no poder darte,el adiós,en persona por no tener noticias de tu finamiento,. Pero tu siempre estarás ocupando un lugar especial en mi corazón, .Como tu siempre fuiste,en vida. Desde esta pagina quiero darle el pésame a tu Viuda,Mª Carmen que tu en nuestra ultima vez que nos vimos en 1992,quisiste presentarnos pero por haba tares de la vida no conseguí,volver a verte. Desde a qui si le pido a Mª Carmen que olvide algunas cosas del pasado,y que reconsidere,el que tu y ella algún día podáis descansar en su mausoleo,que el en vida mando construir en el cementerio Parroquial de Santiago de Lampon.y que sigue esperando sus restos,.Te pido encarecidamente que lo reconsideres te lo pide Víctor Muñiz Araujo. Su ahijado que le puso en la pila bautismal Víctor Nazario Manuel,ya ves que asta en eso siempre tubo ritmo.

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.