luns, 11 de abril de 2011

San Lázaro 2011

Un ano máis unha inxente marea humana de fieis de tódalas idades volveron a acudir a Noia para honrar a San Lázaro (personaxe bíblico coñecido como Lázaro de Betania, irmán de Marta e María).

San Lázaro e as súas dúas irmás, María (a que unxiu ao Señor con perfume e secoulle os pés cos seus cabelos) e Marta, eran amigos de Jesús e convidábano á súa casa en Betania, preto de Xerusalén. Naquel fogar Jesús era amado e visitaba cando estaba en Xerusalén. Isto éralle moi importante xa que Jesús non tiña casa propia nin sequera unha pedra onde recostar a súa cabeza (Lc 9,58).

Xa no século III venerábaselle en toda a Igrexa. Eteria (c.390), unha peregrina a Xerusalén, describe impresionada sobre a gran procesión que se facía o sábado anterior ao Domingo de Ramos ao "Lazarium" (sitio no que Lázaro fora resucitado).

Non sabemos da súa vida posterior pero hai moitas tradicións. Nas Pseudo-Clementinas cóntase que Lázaro acompañou a San Pedro a Siria. A tradición máis común no oriente afirma que os xudeus embarcaron a Lázaro en Jaffa nunha nave que facía auga, xunto coas súas dúas irmás e outros cristiáns, e a nave chegou milagrosamente á illa de Chipre. Lázaro foi, segundo esa tradición, elixido bispo de Kition (Larnaka), e morreu 30 anos despois.

No ano 890, o emperador León VIN construíu unha igrexa e un mosteiro na súa honra en Constantinopla e trasladou alá unha parte das pretendidas reliquias, que se achaban en Chipre.

No século XI, en relación da lenda provenzal de Santa María Magdalena, empezou a dicirse que Lázaro fora bispo de Provenza e morrera mártir en Francia. O Papa Benedito IX, en ocasión da consagración da igrexa de San Víctor de Marsella, fai alusión ás reliquias de Lázaro que estaban aí.

Hai outro Lázaro no Evanxeo: O pobre ilustrado na parábola de Xesús (Cf. Lc 16,20-25), o cal é representado popularmente con cans e muleta. Este NON é un personaxe histórico senón parte dunha parábola de Xesús. Polo tanto NON é un santo.

Fonte orixinal: aquí

San Lázaro 2011

Coro amenizando a Eucaristía

Concerto da Banda de Música de Noia

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.