martes, 12 de abril de 2011

Isto é falar claro!

Magoa que en España e sobre todo en Galicia, non teñamos políticos que falen tan claro como o eurodiputado dos Verdes Daniel Cohn-Bendit falou ante o Parlamento Europeo, pero á hora da verdade, nas eleccións os votos lévannos os de sempre.

Dende a instauración da Democracia o caciquismo, o enchufismo e o malgasto de fondos públicos en vez de ir a menos vaia máis, e non se-lle ve trazas de que troque, porque a alternancia do poder agora mesmo é só de dous partidos en España e de tres, en Galicia. No Parlamento Europeo non vai moito mellor a cousa, ollando como "sus señorias" prefiren que-lles paguemos os viaxes en "primeira" para nos viaxar en "segunda". E que dicir dos "trapicheos" dalgúns eurodiputados desmontados este días por algunhas televisións.

Non quixera pasar por alto a crítica que fai respecto á venda de armas, porque aquí moito bla-bla pero á hora da verdade tódolos partidos apoian ou defenden que se fabriquen. A pregunta é obvia, creen que son para coleccionar?. Que dirían socialistas, populares e nacionalistas, se a Navantia, en Ferrol, maña lle retirasen a posibilidade de facer buques de guerra?.

Que cada pau aguante a súa vela.

O debate celebrouse o 5 de maio de 2010, e meigo non será, pero xa advertía dos problemas que podía atravesar Portugal... e España.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.