martes, 8 de marzo de 2011

A sorna e bula do Entroido

Fai un ano expliquei aquí como se vivía o Entroido en Nebra, relatando as falcatruadas que se adoitaban facer e as coplas e sátiras que se cantaban para escarnio das persoas e pobos ao que ían dirixidas. Antes de comezar esta, quixera darlles a máis expresivas gracias ás persoas que neste días están facendo que dita entrada sexa a máis visitada.

Hoxe en día, na miña humilde opinión, o Entroido en moitas zonas de Galicia, aquí non é unha excepción, foi demasiado "domesticado" polos Concellos e polo "consumismo". Nada que ver con ese que que vivíamos non fai tantos anos e sobre todo, co que vivín de rapaz, a pesar de estar prohibido pola Ditadura.

Íase polas portas das casas disfrazados de choqueiros, os pequenos polo día e os maiores pola noite, vestíase con calquera roupa que atoparamos na casa pero coas mans e cara tapada, e así íase petando as portas de toda veciñanza e disfrazando tamén a voz para non ser recoñecidos. Este ano de momento ninguén se achegou pola nosa aldea, aínda que tamén é verdade que apenas hai rapaces.

En moitas aldeas e parroquias desfrutábase sobre todo do pique entre estas e os choqueiros, facendo un repaso satírico da vida cotiá. Eran moi comúns as coplas ou sátiras da realidade e de feitos sucedidos durante o ano, incluíndo ós referidos ós veciños e ás institucións públicas. Estas críticas fanse baixo a forma de coplas recitadas. Trátase normalmente de cuartetas octosilábicas de rima asonante que con moita frecuencia son artelladas nunha burlona mestura de castelán e galego.

Hoxe quero compartir algunhas destas coplas e sátiras que fun coleccionado, a maioría anónimas pola sorna coa que foron feitas. No Entroido todo está permitido.

Políticas 1995


Entroido de Nebra 1995


Estudantil 1996


Entroido de Nebra 1997
Nesta reflectiron unha anécdota que me aconteceu con Don Ricardo, un cura que pasou pola nosa parroquia. Houbo xente que nun principio pretendeu relacionarme coa súa publicación e coa do ano 1995, até que algúns caeron na conta que nesas datas estaba emigrado. En Nebra hai moita xente especializada en tirala pedra e  agochala man. Disto sabemos ben, algúns que organizámolas festas da parroquia.


Entroido de Xuño 1996-1999?


De todo un pouco


No Día Internacional da Muller Traballadora, feliz Entroido a todas e todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.