martes, 16 de marzo de 2010

Camboño fixo os deberes

Como complemento da entrada o monte é noso, engado nesta a información que tivo a ben facerme chegar a directiva da Comunidade de Montes de Camboño, coa que me sinto en débeda.

A pesares de non coñecernos persoalmente e se-la a primeira vez que me dirixo a eles, respondéronme nun prazo moi corto, todo o contrario dos nosos directivos, que non só non entregan documentación solicitada fai máis dun ano, se non que nin expoñen a acta da última asemblea celebrada o 22 de novembro, a pesares de que se-lle esixiu por maioría.

Á vista da información e dos pasos que dou esta comunidade para recuperar unha parte do seu monte, agora compete aos nosos directivos cumprilo seu papel e reclamala nosa parte, caso de que estea inventariado como ben municipal.

Se de verdade están como din para defendelos intereses da Comunidade, teñen unha oportunidade inmellorable para demostralo, xa que o meu papel remata aquí.
barbanzadecambono dixo,
marzo 15, 2010 @ 11:56 pm
Ola Francisco:

Como podes comprobar, o concello de Lousame aprobou inicialmente o Inventario de Bens, o prazo para presentación de alegacións remata o 13 de Abril. No mencionado inventario, entre outros bens inmóbeis, inclúese a estación DECCA, Unha parte desta parcela está incluída no monte comunal de Nebra, e a outra, no de Camboño. Nos xa temos unha peritaxe da medida do que lle corresponde a cada Monte Veciñal.

Todas as consultas que fixemos, tanto a nivel de avogado como de técnicos da Consellería de Medio Rural (Coruña), nos din que esa parcela pertence aos Montes clasificados de Nebra e Camboño. Nos, xa temos as alegacións preparadas para presentar, e a esperar como a resolución das mesmas para tomar as medidas que procedan.

Moitas grazas polo teu comentario.

Comunidade de Montes de Camboño: Lousame inventario de bens municipais

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.